Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sintiéndolo mucho

Sintiéndolo mucho é un retrato de Joaquín Sabina sen sombreiro, feito a moi poucos centímetros da súa pel, con nocturnidade e aleivosía, polo seu amigo, o cineasta Fernando León de Aranoa.

Un relato como a súa voz, áspero e sen ecualizar, que conta sen atenuantes a intimidade do artista, as súas bambolinas, a súa cara B. Que comeza cando baixa do escenario, que a acompaña no cotiá, e así no inesperado: na risa e no drama.

Galego

Cineuropa 2022 - Fifi

Nancy, leste de Francia. Verán. Tratando de fuxir do seu problemático contorno familiar, Sophie, unha moza de 15 anos, aproveita a oportunidade de facerse cun xogo de chaves da casa da súa adiñeirada amiga Xade. Mentres goza da ampla vivenda, que cría baleira durante o verán, atópase co irmán maior da súa amiga, Stéphane, quen, por azares do destino, tamén estaba a planear quedar. Mais, no canto de botala, Stéphane decide deixar a porta aberta e convida a Sophie a un verán inesperado.

Galego

Cineuropa 2022 - 1976

1976, Chile. Carmen marcha para a praia coa intención de supervisar a remodelación da súa casa. O seu home, os fillos e os netos van e veñen nas vacacións de inverno. Cando o sacerdote da familia lle pide que coide a un mozo que aloxan en segredo, Carmen entrará en territorios inexplorados, lonxe da vida tranquila que adoita levar.

Galego

Cineuropa 2022 - Blanquita

Blanca é unha moza de 18 anos que vive nun fogar de acollida. Un día convértese en testemuña clave nun escándalo que investiga a participación de políticos e homes ricos en festas sexuais con menores. Así e todo, cantas máis preguntas se fan, menos claro parece o papel de Blanca no escándalo.

Galego

Cineuropa 2022 - Beautiful beings

Addi, un neno criado por unha nai clarividente, decide acoller no seu grupo de inadaptados a un rapaz que está a ser acosado. Deixados á súa sorte, os nenos exploran a agresión e a violencia, pero tamén aprenden sobre a lealdade e o amor. A medida que o comportamento do grupo avanza cara a situacións que ameazan a vida, Addi comeza a experimentar unha serie de visións oníricas. Poderá guialo a súa nova intuición de regreso a un camiño máis seguro, ou o avance cara a unha maior violencia será irrevogable?

Galego

Cineuropa 2022 - Piaffe

Cando a súa irmá Zara sofre un ataque de nervios, a introvertida Eva vese obrigada a aceptar o traballo de Zara como artista de Foley, e crear sons para un anuncio publicitario protagonizado por un cabalo. Cando unha cola de cabalo comeza a medrar a partir do seu corpo, Eva utiliza ese feito excepcional para iniciar un xogo de submisión cun mozo botánico. Unha das grandes sensacións da pasada edición do festival de Locarno.

Galego

Cineuropa 2022 - La red Ponzán

Durante a Guerra Civil española e a Segunda Guerra Mundial, 3000 persoas deron fuxido da persecución dos nazis en España e Francia grazas a unha complexa rede que aseguraba un salvoconduto. Esa rede era o Equipo Ponzán, liderado por Francisco Ponzán, que xunto con 30 compañeiros, guías de montaña, falsificadores e coidadores de casas seguras, a través dunha Europa convulsionada, logrou facer un concienciudo traballo de rescate humanitario a ambas as dúas beiras da fronteira española.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual