O Tirabeque
Sebastián Delgado, máis coñecido como Sebas, tenta non ser despedido como xornalista no diario O Habitante mentres busca arranxar o seu matrimonio á vez que tenta superar os seus problemas co alcol. Está nun momento no que toda a súa vida se desmorona. Como última oportunidade laboral encárganlle unha reportaxe sobre os tirabequees. O que nun principio parecía un traballo tranquilo converterase nunha investigación de consecuencias impredicibles.

