Runner
Tras a súbita morte do seu pai, Haas coñece a Will. Comeza así a historia de dous mozos descoñecidos e solitarios que se atopan a través da vasta paisaxe de EEUU.

Tras a súbita morte do seu pai, Haas coñece a Will. Comeza así a historia de dous mozos descoñecidos e solitarios que se atopan a través da vasta paisaxe de EEUU.
Bill ‘Bojangles’ Robinson é un talentoso bailarín que volve á casa en 1918 logo de loitar na Primeira Guerra Mundial. No seu regreso, trata de se relacionar cunha fermosa cantante moi popular chamada Selina Rogers.
Tempo de tormenta retrata unha interesante panorámica dos grandes artistas afroamericanos de comezos do século XX, cando raramente aparecían nas principais producións de Hollywood, especialmente neste xénero.
Ewald mudouse no seu día a Romanía. Anos despois, e xa nos 40, intenta comezar de novo. Deixa a súa moza e marcha cara ao interior. Coa axuda de varios rapaces da zona, transforma unha vella escola en ruínas nunha fortaleza. Os nenos gozan dunha existencia nova e sen preocupacións. Mais a chama da desconfianza non tardará en prender entre os habitantes da localidade. E a Ewald non lle quedará outra opción que afrontar unha realidade que mantivo oculta moito tempo.
Lea, de dezasete anos, pasa as súas vacacións de verán sen máis plan ca o de se broncear coa súa mellor amiga no xardín traseiro da súa casa, mentres intenta non involucrarse nos problemas da súa angustiada nai e consumir drogas cun grupo de mozos da súa escola. Esta monotonía vese interrompida por un encontro casual con Tom, un home maior que promete unha alternativa á insatisfactoria vida adolescente de Lea. A moza cae rendida ante o encanto carismático de Tom, que exerce sobre ela un control crecente que a vai illando do seu círculo habitual.
Adam, fillo dun humilde mariñeiro, ingresa na prestixiosa universidade da Al-Azhar do Cairo, epicentro do poder do islam sunnita. O día no que comezan as clases, o Grande Imán que dirixe a institución morre de súpeto. Sen se decatar, Adam atópase no medio dunha loita de poder implacable entre as elites relixiosas e políticas do país.
Durante a ocupación inglesa da India, a cidadanía dunha pequena aldea resístese a pagar o imposto que os oficiais británicos veñen de dobrar. Ante as protestas, deciden resolver o conflito xogando un partido de crícket: se gaña o campesiñado, será exonerado das taxas.
Unha profesora descobre nun neno de cinco anos de idade un prodixioso don para a poesía. Abraiada e inspirada polo pequeno, decide protexer o seu talento, a pesar de todo o mundo.
A Asociación de veciños Oza Gaiteira Vos Castros programa dentro do proxecto Mujeres na Rúa e polo 25 N O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller o documental Entre catro paredes (Mulleres Maltratadas)
"Footnote" é a historia dunha gran rivalidade, a que manteñen un pai e o seu fillo. Ambos, profesores excéntricos que se dedican en corpo e alma ao seu traballo.
O proxenitor parece un terco purista que despreza os parabéns do stablishment mentres que Uriel, o seu fillo, esfórzase na procura de recoñecemento e eloxios. Pero un día, as cousas cambian cando o veterano mestre é erroneamente premiado coa honra máis valiosa que se poida recibir. O mozo se debate entre o orgullo e a envexa. Será capaz de sabotear a gloria do seu pai?
Case 5.000 anos despois de que se lle concedesen os poderes todopoderosos dos antigos deuses, e encarcerado coa mesma rapidez, Black Adam é liberado da súa tumba terreal, listo para desatar a súa maneira única de facer xustiza no mundo moderno.
Orixinalmente bautizado como Teth-Adam de Kahndaq, o personaxe apareceu por primeira vez en Marvel Family #1 en 1945 e ao longo do tempo pasou de ser un vilán a un antihéroe. O personaxe ten poderes comparables aos de Shazam, incluíndo o voo, a forza, a axilidade, a manipulación do raio e a maxia.