El lbro de imágenes
(Suiza, Francia, 2018)
Dirección e guion: Jean-Luc Godard. Reparto: Voces Jean-Luc Godard, Anne-Marie Miéville, Jean-Pierre Gos
Sinopse: Nada excepto silencio. Nada excepto unha canción revolucionaria.

(Suiza, Francia, 2018)
Dirección e guion: Jean-Luc Godard. Reparto: Voces Jean-Luc Godard, Anne-Marie Miéville, Jean-Pierre Gos
Sinopse: Nada excepto silencio. Nada excepto unha canción revolucionaria.
Como perdoar ás persoas manipuladas por ISIS? A dura realidade dun grupo de mulleres atrapadas no seu pasado obriga a facernos preguntas difíciles.
As Desherdadas (España, 19). Un documental que aborda a situación de miles de mulleres que veñen cada ano a España a traballar nos campos de cultivo de Huelva. Traballadores temporais de orixe marroquí contratados ao amparo da Orde Gecco, a través do Goberno de España, que sofren constantes abusos laborais e sexuais.
Se ka badu, ka ta biradu (España, 55). Documental que retrata o papel das mulleres migrantes na supervivencia e o benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e a illa caboverdiana de Santiago, a ambos os dous lados da corrente migratoria.
Un documental sobre o maior territorio do planeta aínda por descolonizar: o Sáhara Occidental.
Historia de opresión e resistencia do pobo saharauí e tamén da súa beleza e a súa riqueza desde a poesía visual, os sons que evocan ao Sahara e o relato xeracional dos protagonistas desta historia.
Vestixio, do latín vestigium, significa pegada, resto, pero tamén indagar. A través de imaxes de grande beleza poética, a guionista e directora Rosa Taboada recrea toda a atmosfera escurantista dunha época da historia do noso patrimonio relixioso e, ao mesmo tempo, dálle continuidade no tempo presente.
A curtametraxe aposta por describir en primeira persoa as sensacións interiores que se experimentan ao entrar por primeira vez nos espazos do templo durante o tempo da noite, sen visitantes, tratando de atopar as pegadas e vestixios do Reino Medieval que chegaron ata o nosos días.
Umberto Domenico Ferrari é un xubilado que intenta sobrevivir coa súa miserable pensión. Sumido na pobreza, a dona da fonda na que vive maltrátao porque non consegue reunir o diñeiro necesario para pagar o aluguer da súa habitación. Os únicos amigos que ten neste mundo son unha criada e o seu can Flike.
Gabi simplemente quere ser Gabi. Un desexo que parece sinxelo, pero que non o é. Gabi séntese diferente. Aínda que nos seus 8 anos de vida, dicir as cousas claras nunca lle supuxo ningún problema. Pero cando a familia se traslada a unha pequena vila e chega á puberdade, as cousas empezan a cambiar.
Clarisse marcha da casa e deixa alí o seu marido Marc e os nenos. Despois da súa fuxida, a vida continúa: o seu marido prepara agora os almorzos, a súa filla Lucie dedícase en corpo e alma ás súas leccións de piano e Paul, o fillo menor, non deixa de facerse preguntas. Mentres tanto, Clarisse afástase cara o mar, en coche, e imaxina os nenos medrar e Marc envellecer sen ela. Pero é realmente unha fuxida cara diante? Tal vez Clarisse só quere empezar de novo, inventar un novo final.
PROXECCIÓN SEGUIDA DE COLOQUIO DO DOCUMENTARIO “CIRCO DE ARTESÁNS: O ATENEO DE GALICIA” EN OLEIROS
(A HISTORIA DA CIDADE DA CORUÑA EN OLEIROS)
LUGAR: Centro Cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, 13 - PERILLO)
ORGANIZA: Concello de Oleiros
RESEÑA:
A través da proxección do documentario en Oleiros quérese, non só comezar a dar a coñecer a historia do Circo de Artesáns, senón tamén a da propia cidade da Coruña. Ambas as dúas estiveron estreitamente unidas ao longo dos tres últimos séculos.
A longametraxe recolle numerosos testemuños de milagres e conversións acontecidos durante a romaría 'Nai Ven', que tivo lugar entre o 1 de maio e o 12 de outubro de 2021. A iniciativa partiu dun grupo de laicos e contou co apoio das dioceses, contando con a implicación directa de varios bispos, algúns dos cales aparecen na película. A imaxe de María Inmaculada voou de Éfeso a Zaragoza, e percorreu un total de 10.800 quilómetros. Partiu o 1 de maio do Pilar para Santiago de Compostela, onde chegou nas festas do Apóstolo o 25 de xullo.