Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A través das oliveiras

Kiarostami leva o xogo do metanarrativo a novas esferas maxistrais nesta última entrega da súa célebre triloxía de Koker. Despregado "entre  bastidores" da rodaxe do filme anterior da serie, E a vida continúa, A través das oliveiras rastrexa as complicacións que xorden coa desgraza romántica dun dos actores; un mozo namorado suspira pola actriz elixida como a súa muller a pesar de que, na vida real, ela non ten nada que ver con el, o que provoca confusión no set e deixa ao desventurado director atrapado no medio.

Galego

Ninjababy

Aos 23 anos a vida de Rakel muda cando se decata, quizais demasiado tarde, de que está embarazada. Rakel é ilustradora e encántalle estar involucrada en diferentes proxectos, pero criar un bebé? Rakel debe enfrontarse a esa pregunta antes do esperado, e a sorpresa é dobre: está de seis meses, polo que non hai opción de abortar. Amante da cervexa, as drogas e o sexo sen apegos, non ten ningún interese en ser nai. Antes de tomar ningunha decisión, comeza a debuxar a súa "ninjababy", que non lle poñerá as cousas nada doadas.

Galego

E a vida continúa

Despois dun terremoto que en 1990 deixou 30.000 mortos, Kiarostami regresou á vila de Koker, onde a súa cámara examina non só a devastación, senón tamén a abundante vida que continúa ao seu paso. Combinando ficción e realidade nunha road movie lúdica e conmovedora E a vida continúa segue a un director de cine (interpretado por un actor que remplaza a Kiarostami) quen, xunto co seu fillo, fai a difícil viaxe á rexión coa esperanza de descubrir se a estrela do seu filme Onde está a casa do meu amigo? está entre os superviventes.

Galego

Regreso a Reims

Adaptación libre da novela homónima de Didier Eribon, Regreso a Reims relata a través de material de arquivo unha historia íntima e política da clase traballadora francesa desde comezos dos anos 50 ata a actualidade.

Galego

La voluntaria

Marisa, unha doutora recentemente xubilada, decide viaxar como voluntaria a un campo de refuxiados grego onde, ao seu parecer, precisan xente exactamente coma ela. Ao chegar alí, evidénciase que non ten nada que ver cos demais. Cando coñece o pequeno Ahmed, os límites entre a necesidade de coidar e de sentirse útil vanse desdebuxando.

Galego

As nosas derrotas

As nosas derrotas ofrece un retrato da nosa vinculación coa política a través dun xogo de reinterpretación a cargo de estudantes de secundaria que reflexionan sobre conceptos como os sindicatos, o capitalismo ou as revoltas sociais mentres interpretan e dirixen extractos de filmes do Maio do 68. Que valor teñen a revolución ou o compromiso no seu día a día? Como perciben o mundo no que medran? E, sobre todo, van querer mudalo, destruílo ou construír un novo?

Galego

Tres

Unha deseñadora de son pasa moitas horas soa gravando efectos, editando e mesturando. É un refuxio onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa expareja, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela aínda non o sabe, está a comezar a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes.

Galego

Black and Blue

Unha policía afroamericana novata de Detroit sorprende a uns policías corruptos asasinando a un narcotraficante, feitos que grava co seu cámara. Eles perseguirana co fin de destruír esas imaxes.

Galego

Honeyland

Documental sobre a última muller recolectora de abellas de Europa. Hatidze é unha muller preto da cincuentena dun pequeno pobo en Macedonia que cría colonias de abellas nuns cestos feitos a man que deixa escondidos entre as rocas. Sen protección nin axuda, é capaz de amansarlas para poder extraer o mel e vendela na capital. Todo é idílico ata que, de súpeto, novos veciños instálanse preto das colmeas, estorbando a súa paz e a das súas abellas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual