Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Conversa con Francesc Torres

CONVERSA CO ARTISTA

Venres 21 ás 19:00 h na Biblioteca do CGAC/ Entrada libre e de balde

O artista Francesc Torres conversará coa comisaria da mostra Rocío Figueroa Guisande e o director do CGAC Santiago Olmo. Ao remate da conversa, ás 20:00 h, inaugurarase a exposición Crebas (21 febreiro - 1 xuño 2020/ Primeira planta e Dobre Espazo).

 

 

 

 

 

 

Galego

III Xornadas de Novela Histórica da Biblioteca Pública Municipal de Verín

Presentación do programa das III Xornadas de Novela Histórica da Biblioteca Pública Municipal de Verín, Mulleres na Historia

As III Xornadas de Novela Histórica organizadas pola Biblioteca de Verín, en colaboración en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega) teñen como principal obxectivo visibilizar e por en valor o papel da muller ao longo da historia.

Podes consultar o programa aquí.

Galego

No camiño do vento

El Auditorio Multiusos da Xunqueira, en la localidad en la que residía Sesé Mateo, acogerá los actos de clausura organizados por la familia y por el Ayuntamiento, cuya alcaldesa -la socialista Digna Rivas- conducirá el primero de los eventos, a las 12:00 de la mañana, durante el que se anunciará la creación del Premio Sesé Mateo a las buenas prácticas en el periodismo sobre violencia de género y se anunciará la creación del protocolo de actuaciones ante asesinatos machistas con huérfanos y huérfanas que se está realizando a partir de este proyecto.

Galego

Ana Merino presenta 'El mapa de los afectos', Premio Nadal 2020

As xornadas 'Tardes de libros #30anosNobelCela' traerán o próximo venres 28 de febreiro (19:00h) á escritora Ana Merino, Premio Nadal 2020, á Librería Librolouro de Vigo. Merino presentará a novela gañadora do Premio Nadal 2020: 'El mapa de los afectos'.

 

Participan tamén a Fundación Pública Galega Camilo José Cela (FPGCJC), Javier Pintor e Inma López Silva.

 

O ciclo 'Tardes de libros #30anosNobelCela' organízase con motivo da conmemoración dos 30 anos da concesión do premio Nobel ao escritor padrónés, Camilo José Cela.

 

 

 

 

Galego

A+A

A+A, que é poesía e ilustración cheas de dozura,  vai xa na segunda edición, é a poesía contida nun libro con audio, que pretende convertir aos espectadores en mariñeiros e mariñeiras surcando os mares, para o que Ricardo de Barreiro, nunha performance-presentación dunha hora aproximada de duración, despois de explicar por qué e cómo se fixo o audio-caderno, e tras apagar as luces de Eixo fai unha intimista e realmente emotiva lectura dos poemas que escribiu.

Desexando que nos acompañedes nesta fermosa viaxe, que sin dúbida, non esqueceredes.

Galego

Noche de perros

O libro posúe todos os recursos necesarios para alcanzar o seu obxectivo principal: a consecución da acreditación da competencia profesional incluída no Certificado de profesionalidade onde se integra. Neste caso, a Unidade Formativa UF0321, Aplicacións informáticas de follas de cálculo, é unha importante formación incluída no Certificado de Profesionalidade Actividades administrativas na relación co cliente (ADGG0208), publicado nos Reais Decretos 1210/2009 e 645/2011.

Galego

Inauguración exposición temporal ''Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII''

'Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV- XVII’ é unha exposición producida polo Consello da Cultura Galega baixo o comisariado de Ofelia Rey Castelao na que se amosa as consecuencias que tivo para Galicia a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos.

Unha trintena de paneis repasan a historia desta época da navegación galega e como esta historia foi reflectida a través do imaxinario popular que recolleron grandes autores e investigadores da literatura galega ao longo dos tempos.

Galego

Santa Inés

presenta:
Inés Salvado Gontad
Editora Urutau

Lorena Conde

(1980, Pontesampaio)
Licenciada en Filoloxía e Posgraduada en Arte Dramática. Graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura.
Ama os lapis, os cadernos, os libros e, por riba de calquera outra cousa, o teatro e as palabras deitadas en papeis que son unha forza ordenadora (e silenciosa ata Entullo, Premio González Garcés de Poesía en 2016)

Galego

Semejanza

Presentación do libro Semejanza onde interveñen María Xosé Queizán, Mónica Bar (tradutora), Isabel Patiño (directora de Tulipa Ed.)

Ambientada nos anos 80, a obra narra o periplo vital de Juanjo -un mozo nado nunha familia burguesa lucense- en busca da súa identidade persoal e sexual. Desta forma, poderíase considerar a súa autora, en certo xeito, como pioneira dos estudos trans, e os seus personaxes como suxeitos de investigación desta trama intensa e amena.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación