Xornadas ‘Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela’
O Salón Teatro, o Babylon Garden, as escaleiras de Historia, a praza das Pratarías e o conxunto da zona vella serán testemuña dunhas xornadas que integran 16 actividades e máis de 20 participantes, nas que se abordarán os lazos entre literatura e Compostela a través de tres obras vertebradoras: Trece badaladas de Suso de Toro, Doentes de Roberto Vidal Bolaño e Seis poemas galegos de Federico García Lorca. En palabras do organizador, “é unha homenaxe literaria a obras e figuras cun forte impacto na cidade, tendo en Vidal Bolaño e na súa pulsión teatral o mellor exemplo”.