Actuación do Coro Xuvenil Cantiga
Este martes como nos últimos anos visitaranos o Coro Xuvenil Cantiga para musicarnos estas datas, non perdades a actuación!

Este martes como nos últimos anos visitaranos o Coro Xuvenil Cantiga para musicarnos estas datas, non perdades a actuación!
Volve polo Nadal a Ludobiblio Cempés.
A Ludobiblio Cempés é un servizo aberto ao público no que as familias poden deixar á rapazada o tempo que precisen.
Os nenos e nenas gozarán da exerimentación con diversos materiais e xogos que están a súa disposición:
*Actividades psicomotrices e movemento libre
*Obradoiros de animación á lectura
*Obradoiros de expresión plástica
-Data e hora : do 26 de decembro ao 5 de xaneiro, de 10:00 a 13 h.
-Público destinatario: infantil, de 4 a 9 anos
Este xoves teremos un encontro con Pablo Santiago González Prieto poseedor dunha gran colección de cámaras fotográficas que temos expostas no vestíbulo da Biblioteca e gran amante da fotografía. Se queredes saber un pouco máis da historia das cámaras fotográfica non dubidades en vir!
O martes 19 de decembro contaremos coa presenza de Mercedes Galego Esperanza doutora en historia dá arte pola Universidade Complutense de Madrid que vainos falar do nadal nos retablos Ourensáns.
Este Nadal a Cidade da Cultura convídavos a un programa especial de visitas comentadas para entender as orixes artísticas e estéticas que están detrás do deseño dos edificios do Gaiás.
Neste novidoso percorrido, cheo de referencias á creación plástica do século XX, descifraremos a influencia das vangardas creativas nas formas saídas do maxín de Peter Eisenman e, a través de exemplos da historia da arte e do deseño arquitectónico, redescubriremos as orixes de moitas das características plásticas do Gaiás.
Regresa ao Gaiás a edición especial do Galiverso de Nadal, da que gozarán especialmente os máis pequenos e pequenas da casa, entrando virtualmente na casa do Apalpador para fisgar como vive esta figura do Nadal galego.
Nesta xincana, a medio camiño entre xogo de exploración e concurso de preguntas, a Cidade da Cultura reta ás familias a descubrir ata os segredos máis agochados dos edificios do Gaiás. Afondaremos no xeito en que están construídos pero tamén nas súas curiosidades máis divertidas, dun xeito lúdico enfocado a que gocen da visita persoas de todas as idades.
Esta actividade, dirixida a tirar o máximo proveito do tempo compartido en familia nestes días do Nadal, proponse achegar aos máis pequenos e pequenas ao mundo da arquitectura contemporánea nunha sesión didáctica e lúdica.
A frase de Momo, a inesquecible novela de Michael Ende, encerra e resume a filosofía destas sesións de xogo en familia, onde cativada e persoas adultas exploran xuntas partindo de materiais desestruturados e mesas de luz.
Programa cultural e familiar de Nadal organizado pola Cidade da Cultura de Galicia.
DATAS E PROGRAMA PRÓXIMAMENTE
O solsticio de inverno, a noite máis longa do ano, marca o final da escuridade e o regreso da luz. Este momento máxico, celebrado por moitas culturas, significaba o triunfo da vida sobre a morte, era un momento de celebración e recollida no que se colocaba baixo teito unha árbore que lembraba o Yggdrasil, o gran freixo da mitoloxía nórdica, con frondosas pólas das que penduran os Nove Mundos.