Saber de nós: Cen anos do Seminario de Estudos Galegos
Roteiro conmemorativo entre Compostela e Ortoño que terá lugar emulando a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do SEG hai 100 anos.
+INFO

Roteiro conmemorativo entre Compostela e Ortoño que terá lugar emulando a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do SEG hai 100 anos.
+INFO
O Salón Teatro, o Babylon Garden, as escaleiras de Historia, a praza das Pratarías e o conxunto da zona vella serán testemuña dunhas xornadas que integran 16 actividades e máis de 20 participantes, nas que se abordarán os lazos entre literatura e Compostela a través de tres obras vertebradoras: Trece badaladas de Suso de Toro, Doentes de Roberto Vidal Bolaño e Seis poemas galegos de Federico García Lorca. En palabras do organizador, “é unha homenaxe literaria a obras e figuras cun forte impacto na cidade, tendo en Vidal Bolaño e na súa pulsión teatral o mellor exemplo”.
Un ano máis o Museo abre unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro. Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.
Os xogos e actividades de animación á lectura axudanlles aos nenos e meniñas a descubrir ou valor de ler, e proporcionánlles as feramentas necesarias para ser lectores ávidos.
Para comezar o curso con enerxía na biblioteca preparamos uns talleres para apoiar á rapazada a facer as tarefas escolares.
#cultura #clubsdelectura
Lembramos que o martes 17 de setembro ábrese o prazo de pre inscrición para os clubs de lectura que se pechará o 26 de setembro. Animádevos a compartir lecturas!
Preinscrición do 17 ao 30 de setembro por dúas vías:
-Na hemeroteca da biblioteca.
-Por teléfono no número 886 120 445.
Asignación de prazas mediante sorteo entre tódalas solicitudes de preinscrición recibidas.
Sorteo:1 de outubro.
Data de inicio das sesións: 14 de outubro.
Francés luns 19.00-20.00 h.
Italiano martes 18.45-19.45 h.
Unha das autoras máis prolíficas da literatura actual contará a súa experiencia como lectora e escritora, facendo un percorrido histórico polos libros que conformaron as súas lecturas e os que resultaron da súa propia traxectoria literaria.
Público adulto
Salón de actos
Duración: 50 minutos
Curso de filosofía aberto a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes. Actividade realizada ao abeiro do Programa de voluntariado cultural nas bibliotecas públicas.
-Curso académico 2024-2025
-Data e hora: mércores (de outubro a maio) de 19 a 20:45 h. no Salón de Actos.
-Entrada de balde, sen inscrición previa
Mais información na web do curso: Cronograma
O día 13 de setembro ás 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura. A inscrición poderá facerse de dous xeitos:
De xeito presencial o día 13 a partir das 9:00 h
A través de formulario a partir do día 14 ás 9:00 h ata o día 30 ás 21:00 h
Este ano contaremos con cinco clubs:
A colección do Museo Etnolóxico divúlgase tamén en redes sociais, co epígrafe xenérico de “Descubrindo a colección do Museo Etnolóxico”. Nesta ocasión, en lugar dunha peza destacada, escolleron toda unha colección.
Ao través dun vídeo que se publica nas redes sociais, o Museo presenta unha achega ao consumo de cinema na comarca do Ribeiro, ao través dunha colección de programas de man que forman parte do legado Meruéndano depositado no Museo.