Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 664 resultados.

Cadernos Ramón Piñeiro XXXI: Xosé Filgueira Valverde.Homenaxe. Quíxose con primor e feitura

Autor/a: Cochón Touriño, Xosé Luis. Mariño Taibo, Laura
Cadernos Ramón Piñeiro XXXI: Xosé Filgueira Valverde.Homenaxe. Quíxose con primor e feitura

Un ano máis, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, réndelle homenaxe ao persoeiro elixido pola Real Academia Galega para conmemorar o Día das Letras Galegas, do ano 2015 neste caso. Homenaxe concretada nun libro, coordinado...

Flores de Dunsinane: Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2009

Autor/a: Lourenzo, Manuel
Flores de Dunsinane: Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2009

Obra de Manuel Lourenzo gañadora da XVIII edición do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, coeditada con Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega.

Raclette

Autor/a: Cortegoso Malvar, Santiago
Raclette

Obra coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega. Galardoada co XXII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, na edición de 2014, Raclette, de Santiago...

Os sinais deixados

Autor/a: Trigo Alonso, Ramón
Os sinais deixados

Catálogo de arte no que se inclúe un texto que analiza a obra do autor, asi como unha selección de fotografías da súa obra.

Cadernos Ramón Piñeiro XXVIII: Cunqueiro, destinatario

Editor/a literario/a: Alonso Girgado, Luis. Cochón Touriño, Xosé Luis. López Vázquez, Ramón
Cadernos Ramón Piñeiro XXVIII: Cunqueiro, destinatario

Recompilación epistolar con varias ducias de textos enviados por amigos representativos do galeguismo intelectual e literario. A edición é rigorosamente respectuosa cos textos orixinais.Estas cartas permítennos coñecer máis datos da vida e da obra...

Simboloxía do románico do Saviñao

Simboloxía do románico do Saviñao

Volume que ofrece as claves para gozarmos e interpretarmos o románico dun dos lugares fundamentais do románico galego, na Ribeira Sacra.

Derradeira sesión

Autor/a: Sendón, Olaia. Sendón, Manuel. Torreiro, Casimiro
Derradeira sesión

Exposición que mostra unha colección de imaxes recuperadas sobre os cines galegos, algún deles en perigo de desaparecer. O traballo, do fotógrafo Manuel Sendón, é tamén un testemuño da súa liña creativa.

Ollada inglesa, corazón galego

Coordinador/a: Gigirey Liste, Mª Esperanza - Tradutor/a: Castro Temes, Ángel. Suárez García, Xesús Manuel
Ollada inglesa, corazón galego

Publicación na que se dá a coñecer unha colección privada inédita de fotografías realizadas entre 1890 e 1950, e que pertenceron a Arthur Ginnings, misioneiro protestante británico, que viviu durante 40 anos na localidade de Ares, tentando...

Carlos León: A orde das primeiras cousas

Autor/a: Castro Flórez, Fernando. Cerviño, Ángel. González-Alegre, Alberto
Carlos León: A orde das primeiras cousas

A orde das primeiras cousas é o catálogo da exposición do mesmo título organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea no inverno de 2015. ...

A causa contra Manuel Blanco "O home lobo": Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña

Entidade: Arquivo do Reino de Galicia
A causa contra Manuel Blanco

Edición da reprodución facsimilar do exemplar conservado no ARG da Reseña de la Causa formada en el juzgado de Allariz distrito de La Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo, por varios asesinatos... publicada en 1859, xunto coa...

Páxinas