Nova: A Cidade da Cultura viaxará hoxe ao medievo co concerto de Esemble Micrologus para despedir o Pergamiño Vindel

02/03/2018

A Cidade da Cultura viaxará hoxe ao medievo co concerto de Esemble Micrologus para despedir o Pergamiño Vindel

A emblemática formación interpretará no Museo Gaiás as Cantigas de Amigo de Martín Códax como soaban na época en que foron creadas

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salienta a importancia desta actuación por contar cun dos grupos de música antiga máis prestixiosos do mundo

Dores Tembrás conducirá Os sons do Vindel. Músicas da Península Ibérica no S. XIII e recreará co seu recitado a musicalidade da sexta cantiga sen notación

 

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salienta a importancia desta actuación por contar cun dos grupos de música antiga máis prestixiosos do mundo O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salienta a importancia desta actuación por contar cun dos grupos de música antiga máis prestixiosos do mundo
  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salienta a importancia desta actuación por contar cun dos grupos de música antiga máis prestixiosos do mundo O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salienta a importancia desta actuación por contar cun dos grupos de música antiga máis prestixiosos do mundo

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018.- A Cidade da Cultura de Galicia mergullarase hoxe no medievo a través das Cantigas de Amigo de Martín Códax e que interpretarán —do xeito máis fiel a como soaban na época— a emblemática formación Ensemble Micrologus no concerto de despedida do Pergamiño Vindel, que regresa a Nova York tras exhibirse durante seis meses no Museo do Mar de Galicia en Vigo.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu esta mañá ao ensaio de Ensemble Micrologus no Museo Centro Gaiás, onde terá lugar o concerto a partir das 20.30 horas. Nun encontro cos membros da formación, salientou a importancia deste concerto dentro da programación cultural de despedida do Pergamiño Vindel ao ter como protagonista “a un dos grupos de música antiga máis prestixiosos da escena mundial”. Á vez, puxo en valor o feito de contar coa poeta galega Dores Tembrás como mestra de cerimonias. “Supón a oportunidade de escoitar a sexta cantiga sen notación grazas á musicalidade do seu recitado”, enfatizou.

Precisamente, a formación interpretará, con instrumentos realizados por luthiers que reproducen exactamente aos do medievo, as seis das sete cantigas con melodía de Martín Códax e farao do mesmo xeito que soarían se puidésemos escoitalas na época en que foron creadas. No entanto, o concerto Os sons do Vindel. Músicas da Península Ibérica no S. XIII non se limitará a este repertorio, senón que se ampliará ao medieval profano con outros autores coetáneos e trobadores da época, como Don Dinis ou Alfonso X.

Festa do medievo

O Ensemble Micrologus —ademais de contar con instrumentos de reprodución exacta dos conservados a nivel iconográfico nas imaxes da época do medievo— fai interpretacións baseadas en investigacións históricas, que lle permiten establecer hipóteses certeiras de como sería a interpretación da música medieval e da súa estética e converten en únicas as súas interpretacións.

Deste xeito, a actuación que ofrecerá a formación no Museo Centro Gaiás achegarase o máis posible ao que pode ser unha festa medieval. Ademais, Ensemble Micrologus trata sempre, e na medida do posible, que os seus concertos teñan lugar en escenarios orixinais recuperando e fornecendo a razón pola que esas músicas foron creadas.

 

Comparte