Nova: Tres ciclos de cine arredor do medievo achegarán o tempo de Martín Códax ao público

21/11/2017

Tres ciclos de cine arredor do medievo achegarán o tempo de Martín Códax ao público

VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual é o título da nova actividade organizada pola Consellería de Cultura e Educación co gallo da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia

A iniciativa desenvolverase nas cidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo coa colaboración do CGAI, de Numax e de Multicines Norte

Os ciclos proxectarán un total de 21 filmes desde o vindeiro mes de decembro ata marzo de 2018

 

  • ‘VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual’ é o título da nova actividade organizada pola Consellería de Cultura e Educación co gallo da exposición do Pergamiño Vindel ‘VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual’ é o título da nova actividade organizada pola Consellería de Cultura e Educación co gallo da exposición do Pergamiño Vindel
  • ‘VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual’ é o título da nova actividade organizada pola Consellería de Cultura e Educación co gallo da exposición do Pergamiño Vindel ‘VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual’ é o título da nova actividade organizada pola Consellería de Cultura e Educación co gallo da exposición do Pergamiño Vindel
  • ‘VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual’ é o título da nova actividade organizada pola Consellería de Cultura e Educación co gallo da exposición do Pergamiño Vindel ‘VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual’ é o título da nova actividade organizada pola Consellería de Cultura e Educación co gallo da exposición do Pergamiño Vindel

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017.- A Consellería de Cultura e Educación presentou hoxe unha programación de tres ciclos de cine cunha temática común: o medievo. Coa iniciativa VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual, o Goberno galego continúa coas actividades que acompañan a exposición Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, que recibiu 11.847 visitas desde o pasado mes de outubro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

A cifra facilitouna o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a rolda de prensa de presentación da actividade, na que lembrou tamén que “todas as iniciativas que se están a realizar desde a Consellería de Cultura e Educación para poñer en valor este tesouro da lírica galego-medieval están a espertar un grande interese entre a cidadanía”. Para Anxo Lorenzo a selección de títulos “realizada por reputados programadores” vaille permitir ao público gozar dunha serie de filmes de destacados directores dos séculos XX e XXI, algunhas delas de estrea en Galicia.

Promovida pola Secretaría Xeral de Cultura, a programación audiovisual conta coa colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) da Axencia Galega das Industrias Culturais, de Numax e de Multicines Norte, que proxectarán nas cidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo, respectivamente, un total de 21 filmes desde o vindeiro 4 de decembro ata o 15 de marzo de 2018.

O secretario xeral de Cultura estivo acompañado no acto de presentación por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), por Ramiro Ledo, da sala Numax, que acolleu a rolda de prensa; e por María Arias, de Multicines Norte de Vigo.

 

Ciclo no CGAI

Jacobo Sutil foi o encargado de presentar a programación do CGAI e afirmou que para a filmoteca esta é “unha magnifica oportunidade para dirixir a mirada ao cine de temática medieval desde os máis diversos ángulos, ao tempo que participamos nun acontecemento cultural tan significativo como é a exhibición no Museo do Mar de Vigo desta xoia patrimonial, o Pergamiño Vindel”. Sutil aproveitou a ocasión para destacar “a valía e a capacidade deste organismo público na posta a disposición do seu traballo neste evento transversal”.

O ciclo no CGAI comeza na Coruña o día 9 xaneiro coa proxección de Paseo por el amor y la muerte. O 12 de xaneiro pásase o documental El manuscrito Vindel, realizado polos herdeiros do libreiro en 2016. O 16 de xaneiro proxectaranse dous filmes, Lai e Maestà. O 23 de xaneiro será o momento de Los vikingos, mentres xaneiro remata coa proxección de Qué difícil es ser un dios.

O 6 febreiro o clásico francés Lancelot du Lac tomará as pantallas da filmoteca galega. O 20 de febreiro proxectarase El ladrón de Bagdad e o ciclo péchase o 27 de febreiro coa disparatada comedia Los caballeros de la mesa cuadrada y sus locos seguidores.

 

Numax

Os ciclos de VindeCine. O tempo de Martín Códax comezan en Santiago de Compostela, na sala Numax, o 4 de decembro cunha estrea en Galicia, Jeannette, que inciou recentemente un periplo de éxitos por diversos festivais. O 18 de decembro poderase ver Maestá!.

En xaneiro, o día 8 traerá outra estrea en Galicia, Little Crusader. O día 22 é o momento para La academia de las musas. Para febreiro quedan Que difícil é ser un deus!, o día 5 e Os contos de Canterbury, o día 18.

 

Multicines Norte

A cidade de Vigo conta tamén co seu ciclo de cine medieval, que dá comezo o 7 decembro con Anticristo. O día 14 chega Campanadas a medianoche e o 11 de xaneiro Los cuentos de Canterbury. O 1 febreiro será o momento do clásico El Cid, mentres que o 22 febreiro chega ás pantallas Inés de Castro Multicines Norte pecha o ciclo o 15 de marzo con Reina Santa.

Na páxina web de Cultura, en https://www.cultura.gal/gl/programacion-actividades, pode consultarse toda a programación dos ciclos, así como do resto de actividades que a Xunta de Galicia está a desenvolver arredor da mostra Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, que se exhibe no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, ata o vindeiro 4 de marzo.

Comparte