Nova: O Consello da Cultura Galega elaborará unha diagnose para a Estratexia da Cultura de Galicia 2021 da Xunta

25/10/2017

O Consello da Cultura Galega elaborará unha diagnose para a Estratexia da Cultura de Galicia 2021 da Xunta

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinou un acordo de colaboración co presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, organismo que se encargará de realizar inicialmente un traballo de campo

O obxectivo final é dispoñer dun documento rigoroso con obxectivos, liñas estratéxicas e medidas concretas para fortalecer a industria cultural galega como piar de dinamización económica e social, de vertebración territorial e xeradora de inclusión e de oportunidades

  • O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinou un acordo de colaboración co presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, organismo que se encargará de realizar inicialmente un traballo de campo O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinou un acordo de colaboración co presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, organismo que se encargará de realizar inicialmente un traballo de campo

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2017.- O Goberno galego está avanzando na elaboración da Estratexia da Cultura de Galicia 2021, un documento que será a folla de ruta da planificación da acción cultural da comunidade autónoma para os vindeiros catro anos e na que se fixarán obxectivos, liñas estratéxicas e medidas concretas co obxectivo de fortalecer a nosa industria cultural como piar na creación de riqueza e emprego.

Ao abeiro desta iniciativa, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mailo presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, asinaron hoxe un acordo de colaboración polo cal este organismo se encargará de elaborar unha diagnose da cal se nutrirá a estratexia, que, segundo avanzou o conselleiro, se prevé que estea rematada o vindeiro verán. No acto tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o xerente do CCG, Marcelino Fernández.

Recollida de datos e xuntanzas sectoriais

Deste xeito, o Consello da Cultura -a través do Observatorio da Cultura Galega- encargarase de recoller datos cualitativos e cuantitativos relevantes dos sectores culturais (editorial, letras, audiovisual, artes escénicas, artes visuais, patrimonio, institucións da cultura,...); así como reflexións estratéxicas e liñas de actuación sobre temas transversais como o financiamento da cultura, gobernanza, ámbito dixital e tecnolóxico, internacionalización, cultura e educación, inclusión cultural, e turismo entre outros.

Xunto coa análise empírica e diagnóstica que fará o CCG, a Consellería iniciará unha serie de xuntanzas territoriais e sectoriais con todos os axentes implicados no marco dun proceso participativo de reflexión e diálogo no que se integren institucións, entidades de base, asociacionismo, profesionais, empresas culturais, entre outros.

O obxectivo final é dispoñer dun documento rigoroso con obxectivos, liñas estratéxicas e medidas concretas para fortalecer a industria cultural galega como piar de dinamización económica e social, de vertebración territorial e xeradora de inclusión e de oportunidades.

Un proceso aberto

Segundo indicou Román Rodríguez, esta será a primeira vez que Galicia conte cunha estratexia destas características, froito do diálogo e a cooperación entre administracións, sectores e operadores culturais. O conselleiro incidiu en que se trata dun proceso “aberto e participativo” co obxectivo final de potenciar a cultura como elemento tractor económico e social.

Pola súa banda, Ramón Villares destacou a necesidade de dispor dun diagnóstico e a “oportunidade” de contar cunha Estratexia en materia de cultura co fin de vertebrar proxectos e coordinar actividades. Neste senso, sinalou que o Consello da Cultura Galega conta xa cunha serie de documentos, estudos, informes e investigacións que haberá que actualizar, pero que servirán de punto de partida para a elaboración desta análise do sector.

A Estratexia da Cultura de Galicia 2021 estará estruturada en eixos sectoriais básicos: sector editorial e literario, sector audiovisual, sector musical, artes escénicas, artes visuais e plásticas, e patrimonio cultural.

Comparte