Nova: 24 formacións participan na XIV Romaría Coral Galega

10/09/2017

24 formacións participan na XIV Romaría Coral Galega

O conselleiro asistiu hoxe á XIV edición deste evento musical que se celebra en Rodeiro, na que participan 24 formacións corais

Román Rodríguez anima a congregar na Cidade da Cultura un cento de corais con motivo da próxima Romaría Coral Galega 

O departamento de Cultura ratifica o apoio ás escolas de música cunha nova liña de axudas deste ano dotada con 300.000 euros

  •  24 formacións corais participan na Romaría 24 formacións corais participan na Romaría
  • O conselleiro asistiu hoxe á XIV edición deste evento musical O conselleiro asistiu hoxe á XIV edición deste evento musical
  • Román Rodríguez anima a congregar na Cidade da Cultura un cento de corais con motivo da próxima Romaría Coral Galega Román Rodríguez anima a congregar na Cidade da Cultura un cento de corais con motivo da próxima Romaría Coral Galega
  • O conselleiro asiste á XIV Romaría Coral Galega O conselleiro asiste á XIV Romaría Coral Galega

Rodeiro (Pontevedra), 10 de setembro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, aproveitou a súa asistencia á XIV Romaría Coral Galega, que se celebra en Rodeiro, para animar á Federación Coral Galega (FEGOCA) -impulsora deste evento- a que a próxima edición se celebre na Cidade da Cultura de Galicia. En palabras do conselleiro, intentar congregar un cento de agrupacións corais no Gaiás con motivo do décimo quinto aniversario desta Romaría sería “un acto cultural e de galeguismo que daría visibilidade ao mundo das corais en Galicia”.

Na súa intervención o conselleiro loou a “longa tradición” desta Romaría que arrancou no ano 1987 e que a día de hoxe xa está consolidada como unha manifestación da identidade e das tradicións do pobo. Tamén aludiu ás “raíces profundas” do movemento coral, que ten a súa orixe no Rexurdimento da man de figuras como o gran compositor Pascual Veiga, autor da música do Himno galego; e que se foi arraigando ao longo do tempo a través de agrupacións centenarias como o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, entre outros.

Así mesmo subliñou o “papel clave” que ten neste eido a Federación Coral Galega co impulso de este tipo de certames dun xeito continuado e estable no tempo. Os 245 coros que conforman o mapa polifónico galego son, a xuízo do conselleiro de Cultura, “un selo de calidade tanto desde o punto de vista cuantitativo como cualitativo”.

Finalmente ratificou o apoio do departamento de Cultura a este tipo de manifestacións culturais. De feito, a Consellería mantén un convenio coa Federación Coral Galega, dotado con 24.000 euros, para a realización da programación Lírica 2017.

Cómpre lembrar tamén que nos vindeiros días se publicará no DOG o apoio do Goberno Galego ás escolas de música a través dunha liña de axudas habilitada este ano e dotada con 300.000 euros, tanto para as dependentes dos concellos como de asociacións e fundación sen ánimo de lucro.

Comparte