Evento: O Galiverso empeza aqui

O Galiverso empeza aqui
venres, 21 outubro, 2022 a domingo, 31 decembro, 2023
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

O Galiverso empeza aqui

O Galiverso empeza aquí é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial...

O Galiverso empeza aquí é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dun xeito diferente. Sen saír da Cidade da Cultura, poderedes viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, ollar A Coruña desde o alto da lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santa Baia de Bóveda, entre outras experiencias.Na Cidade da Cultura poderán vivirse 12 experiencias diferentes de realidade virtual que percorren as catro provincias galegas:-    O solpor desde o Faro de Fisterra-    O interior da lanterna da Torre de Hércules (A Coruña)-    A cripta do Apóstolo en Santiago de Compostela-    A muralla romana de Lugo-    A torre de Xiá en San Paio de Narla (Lugo)-    O templo romano soterrado de Santa Baia de Bóveda (Mera, Lugo)-    O interior dunha palloza no Cebreiro (Lugo)-    O Mosteiro de Santa María a Real de Oseira (San Cristovo de Cea, Ourense)-    O canón do Sil entre as provincias de Ourense e Lugo-    O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense)-    Os tellados da Catedral de Tui (Pontevedra)
O Galiverso está aberto no andar 0 do Museo Centro Gaiás, de martes a venres en horario de tarde de 16.00 a 20.00 horas, así como sábados, domingos e festivos (excepto luns), de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas. A visita é gratuíta e non é necesario reservar praza.A sala dispón de 3 postos individuais con cadanseu equipo de realidade virtual, que poden operar de maneira simultánea. Un mapa virtual de Galicia permite seleccionar as experiencias, que van acompañadas de textos e audios explicativos en galego, castelán e inglés.A duración de cada sesión individual é duns 20 minutos máximo e durante a mesma poden vivirse unha ou varias das experiencias de realidade virtual ofertadas. O límite de tempo obedece tanto á intención de evitar a fatiga asociada cun uso máis prolongado dos lentes de realidade virtual como de facilitar que o maior número de persoas poida acceder ao Galiverso.+ INFO

Máis eventos de tipo Espectáculo

Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés