Evento: Harmatn Festival: La mujer en África. Ser mujer creadora en África

Harmatn Festival: La mujer en África. Ser mujer creadora en África
mércores, 12 abril, 2023 - 18:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Harmatn Festival: La mujer en África. Ser mujer creadora en África

Espectáculo de teatro, danza, música e debate.

Harmatán, Festival Nómada de Cultura Africana exponse como o complemento ideal para liñas programáticas consolidadas e que atopan neste proxecto as propostas artísticas do continente veciño que non adoitan estar ao seu alcance. 
A conxunción de forzas fai posible a sinerxia necesaria para optar a propostas de alto nivel artístico, garantido pola curaduría africana que significa, ademáis dunha firma solvente, unha proposta de traballo realizada dende África por África.
 As creadoras africanas estarán no centro da programación do festival Harmatán en 2023. Un evento que é o resultado do labor conxunto das programadoras de varias sedes, que xeraron o corredor cultural para albergar propostas artísticas de máximo nivel procedente do continente africano e as súas diásporas. 
Así, en 2023, Hassane K. Kouyaté, comisario da programación artística, convidou a varias das personalidades máis destacadas e experimentadas do panorama artístico feminino de África. Unha escea que se renova continuamente con propostas que poñen de manifesto a loita perseverante das mulleres por levantar a voz e reivindicar un espazo na escena cultural dos seus respectivos países e a escala internacional.
 Á luz desta reflexión, presentarase a obra teatral Murs-Murs da ruandesa Carole Karemera. A coreógrafa e bailarina marfileña Rokia Koné ponse en escena partindo das súas experiencias persoais para dar renda solta a unha muller libre de cargas do pasado. Así mesmo, Koné contará de viva voz o que transmite sobre o escenario nunha mesa redonda que leva por título “Ser muller creadora en Africa”. Xunto a ela estará Odile Sankara, Presidenta do festival de teatro máis importante de África occidental, a actriz francosenegalesa Aïcha Maïga, autora do libro Negra non é a miña profesión, e a cantante e actriz afroespañola Astrid Jones. Por último, as dúas cantantes do proxecto musical Deef MaamaaDef impregnarán os teatros coas súas voces e unha relectura electrónica de ritmos tradicionais de Senegal.  

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona