Evento: Ainoa Buitrago

Ainoa Buitrago
sábado, 22 abril, 2023 - 22:00
La Disfrutona del Orzán,
A Coruña

Ainoa Buitrago

Concerto de pop e folk.

La Ruta de las Flores é a ópera prima de Ainoa Buitrago, un disco pop que voa entre as guitarras, o folk e influencias de Lewis Capaldi ou Julia Michaels. Composto por 12 cancións, a cada cal lle corresponde unha flor, unha mensaxe distinta. Embarcada en todos os procesos, a madrileña coidou o seu primeiro álbum en todos os niveis de produción.

Rodeada e inspirada por mulleres, La Ruta de las Flores é un paso á fronte para deixar clara a figura da muller na industria musical e onde conta con dúas colaboracións femininas de voces moi especiais: a cantautora Paula Mattheus na canción Cuentas Pendientes, e a cantante galega Yoly Saa no tema Que dirías ahora. Con todo, non só son artistas as que podes escoitar neste álbum. Tamén podes descubrir a voz da nai de Ainoa nun audio que ten o seu lugar en La Apuesta, un tema autobiográfico e un dos máis viscerales deste disco.

  • Ainoa Buitrago - Las Ganas (Videoclip Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Santalices. O legado
11 de abril
Casa da Cultura
Terrae & Nastasia Zürcher
11 de abril
Auditorio Municipal de Goián
La Perra Blanco
11 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5