Evento: Boy from heaven/ Conspiración no Cairao
Boy from heaven/ Conspiración no Cairao
Adam, fillo dun humilde mariñeiro, ingresa na prestixiosa universidade da Al-Azhar do Cairo, epicentro do poder do islam sunnita. O día no que comezan as clases, o Grande Imán que dirixe a institución morre de súpeto. Sen se decatar, Adam atópase no medio dunha loita de poder implacable entre as elites relixiosas e políticas do país.
Tarik Saleh (Estocolmo, Suecia). Editor, xornalista e director de cinema de orixe exipcia, os traballos de Saleh en Suecia destacan desde que a comezos da década de 1990 comezou a filmar para o cinema e a televisión. Metropía (2009) foi seleccionada nos festivais de Annecy e Sitges. Pola súa banda, El Cairo confidencial (2017) obtivo o gran premio do xurado en Sundance e a Espiga de Ouro na Seminci. Saleh tamén é un dos grafiteiros máis sobranceiros de Suecia.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual



