Evento: XXXII Festival de Jazz de Lugo: Cyrille Aimée
XXXII Festival de Jazz de Lugo: Cyrille Aimée
Desde a perspectiva da artista nomeada para os Grammy Cyrille Aimée a improvisación non é só unha técnica vocal, é un xeito de vida que lle permite compartir co mundo a súa contaxiosa voz e a súa chispa creativa e que a levou, ademais, a tomar novos rumbos. Aberta ás oportunidades, pasou de cantar ante oíntes variados en rúas europeas a interpretar para os más esixentes en auditorios de prestixiosos festivais mundiais de jazz; de cantar en campamentos xitanos e ás agachadas dos seus pais —na súa Francia natal— a actuar en Broadway; de desafiar a un dos públicos máis difíciles, o do célebre Apollo Theatre de Nova York, a ser recoñecida hoxe polo Wall Street Journal como «unha das cantantes de jazz máis prometedoras da súa xeración» e aclamada como «unha estrela triunfante na galaxia dos cantantes de jazz» nas columnas do New York Times. Deste modo, gañou o famoso concurso do Festival de Jazz Vocal de Montreux no 2007 —e gravou, como premio, o seu primeiro álbum— mailo Concurso Internacional de Jazz Vocal Sarah Vaughan; así chegou a finalista do Thelonious Monk.
Máis eventos de tipo Concerto



