Evento: Pánico no museo - María Meijide
Pánico no museo - María Meijide
A exposición Pánico no museo da artista María Meijide enmarcase na proposta Artista en Residencia que este ano cumple a súa VI edición. Neste proxecto os artistas dispoñen dun espacio na sede da Fundación para traballar e crear. A mostra de María Meijide responde en forma dun gran diario expandido. Unha pintura furiosa e alegre que nos convida ao presente. Máis dunha vintena de pezas, case todo pintura acrílica con algo de fotograbado, conforman unha colección que parece conectar coa realidade a través dunha mirada hedonista e íntima.María Meijide é unha artista consolidada no panorama galego e recoñecida tamén fóra do país, cunha sólida traxectoria de exposicións nacionais e internacionais. Ademais, a súa obra inclúe numerosas publicacións de cadernos de viaxes: Galipop, un caderno de hoxe e de sempre (2020), De Ushuaia a Quiaca (Librería Lila, Santiago de Compostela 2017), De Kuala Lumpur a Beijing (CGAC, Santiago de Compostela 2015), entre outros.En 2014 editou unha cartografía emocional de Compostela presentada na Fundación Granell, que a día de hoxe é un clásico. Entre os méritos recentes da súa traxectoria destaca o primeiro Premio ‘Jesús Núñez’ de Arte Gráfica, XVI edición, A Coruña, 2021.Dende hai uns anos e despois moitas viaxes, María Meijide reside na súa cidade natal e desenvolve o seu traballo en Galicia con base no centro do casco histórico compostelán, nun obradoiro visitable na Praza do Toural.