Evento: Luz Poética. I Festival de Poesía Nova de Compostela
Luz Poética. I Festival de Poesía Nova de Compostela
Luz Poética é o primeiro festival de poesía nova de Compostela, inspirado na figura da poeta compostelá Luz Fandiño, quen representa unha gran inspiración para a mocidade galega.
O encontro, que terá lugar en diversos espazos emblemáticos da capital de Galicia, como a Igrexa da USC, o Centro Sociocultural Xove da Almáciga e o Teatro Principal, así como en entidades locais vinculadas ao mundo da cultura, como pubs e librerías do centro histórico, dará voz ao auxe poético da cidade dos últimos anos. Durante os seis días que durará o festival, do 17 ao 22 de outubro de 2022, participarán poetas novos da escena galega actual, asi como tamén terá lugar a Gran Final de Poetry Slam estatal. Unha oportunidade única para conectar poetas de diversas latitudes coa nosa poesía.
Máis eventos de tipo Festival
