Evento: Recortes, caneos e outras formas de driblar

Recortes, caneos e outras formas de driblar
xoves, 26 xaneiro, 2023 - 18:00
Teatro Colón,
A Coruña

Recortes, caneos e outras formas de driblar

Espectáculo de teatro.

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un dos tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, afeccionados e demais personaxes principais, secundarios ou extras que compoñen o espectáculo futbolístico.

Tras o éxito de Fariña, o espectáculo teatral, Nacho Caretero volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé A. Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que lle rodea. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre o seu rostro máis radiante sen esquecer os máis escuros.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona