Evento: Freak

Freak
sábado, 1 outubro, 2022 - 20:00
Auditorio Municipal de Vigo,
Vigo

Freak

Espectáculo de teatro.

En agosto de 2014, a londiniense Anna Jordan, unha das dramaturgas e directoras escénicas europeas máis importantes dos últimos tempos, estreaba a súa obra Freak no prestixioso Festival de Edimburgo. Seis anos despois, esta peza de teatro social sobre a feminidade e a autoimagen, que bebe directamente do teatro social, converteuse nun texto de referencia internacional pola súa maneira de abordar a sexualidade, entre o humor e a desesperanza.

Freak é un texto de Anna Jordan. Un acto íntimo onde dúas mulleres comparten imaxes co espectador. Por que empuxarnos para chegar a ser algo que non queremos? Por que aceptamos situacións cando o que queremos é fuxir? Que ten que ocorrer para poñer límites? Freak, dirixida por Paula Amor, fala de como loitar sobre algo que xa está establecido. Fala do baleiro de non recoñecerse a unha mesma fronte ao exterior. De querer saír pero, en cambio, avanzar sen control.

  • TEMPORADA CHICA 2022. ENERO - JULIO 2022

Máis eventos de tipo Espectáculo

A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Brincadeiras da lingua
14 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés