Evento: Chico César
Chico César
O mito da música brasileira, Chico César, é compositor e ten colaborado en numerosos discos e xiras de grandes artistas como Chico Buarque, María Betania, Daniela Mercury, Richard Galliano ou Luis Pastor, entre outros.Gañador do Premio da Música Brasileira nas categorías rock, reggae, hip hop e funk, Chico César sorprende este 2022 cun novo disco, Vestido de amor, o décimo da súa carreira, un disco multicultural con ritmos brasileiros, occidentais, caribeños e africanos, que van do forró ao reggae xamaicano, calypso e coco, pasando por un electrizante rock urbano.O coautor do tema de Sting «Soberana Rosa», merecedor dun premio Grammy, presentará o seu novo traballo nunha xira por Europa na que recalará en Santiago de Compostela, dentro do festival Maré 22.
Máis eventos de tipo Concerto



