Evento: Festival Apertuke

Festival Apertuke
sábado, 10 setembro, 2022 a domingo, 11 setembro, 2022
Complexo deportivo Dunas de Gaifar,
Nigrán

Festival Apertuke

Festival de percusión afrobasileira.

Durante dous días Panxón encherase de concertos, batucadas, obradoiros de percusión, obradoiros infantís, pasarrúas, circo e animación de rúa. Tódalas actividades, agás o obradoiro de percusión, son de balde e terán lugar no complexo deportivo municipal “Dunas de Gaifar” en Panxón. No recinto haberá tamén barra, postos de comida e postos de artesanía. O obxectivo do Apertuke é ofrecer un evento próximo, igualitario, participativo, social, horizontal, aberto, educativo, respectuoso coas persoas e respectuoso co medio ambiente.

Tódalas actividades, agás o obradoiro, son de balde

  • Festival Apertuke

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos