Evento: Tony Delgado e Mario El Primo
Tony Delgado e Mario El Primo
Tony Delgado e Mario El Primo
Concerto de flamenco.
Tony Delgado é un vigués, de sangue malagueño, profesor de guitarra flamenca na Casa de Andalucía de Vigo. A súa arte é moi grande e ademais onde vai organízase unha boa festa. Tony Delgado é un músico e un guitarrista moi peculiar. Pon na súa profesión moito corazón e alma.
Nesta ocasión tocará xunto con Mario Agulla «El Primo». Ese día poderemos escoitar distintas versións de sevillanas, rumberas e por suposto flamencas. Ademais esta será unha boa oportunidade para gozar das súas cancións e do son da súa guitarra española. Estes dous artistas brindarannos unha divertida mañá de moita alegría e baile.
Ligazóns