Evento: Gaspet

Gaspet
sábado, 1 outubro, 2022 - 20:00
Sala Ártika,
Vigo

Gaspet

Espectáculo de teatro.

Un espectáculo que combina o teatro de máscaras, o clown e a manipulación de obxectos. Un único actor en escena interpreta a unha variedade de personaxes para abordar o mundo dun construtor de máscaras, introducirnos no seu oficio e dar vida ás súas creacións.

O protagonista introdúcenos na vida dun vello artesán, construtor de máscaras. O público chega ao seu taller, e alí penetrará no fascinante e misterioso mundo das máscaras. Gaspet, o artesán, transmite ao público algúns dos segredos que lle chegaron a través das catro xeracións da súa familia que o precederon nese oficio. Gaspet talla, modela, pinta, retoca e lixa. Reflexiona sobre esas vidas e personalidades que crea coas súas mans.

Os temas que transita Gaspet, son a paixón, a paciencia, a obsesión e a sorpresa. A disxuntiva entre manter intacto o legado que lle chega desde os seus devanceiros, ou xerar cambios que sente necesarios pero que atentan contra a tradición familiar.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Brincadeiras da lingua
14 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés