Evento: Contos no parque

Contos no parque
martes, 2 agosto, 2022 a martes, 30 agosto, 2022
Bonaval,
Santiago de Compostela

Contos no parque

Mantiña, merenda… con contos e xogos. As actividades do Apego saen fóra no mes de agosto e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h no parque de Bonaval (plataforma...

Mantiña, merenda… con contos e xogos. As actividades do Apego saen fóra no mes de agosto e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h no parque de Bonaval (plataforma dos arcos). O acceso é aberto e de balde.
PROGRAMA2/08/2022Teatro Ghazafelhos. “A caixa sen Pandora” (+ 4 anos)A Caixa sen Pandora é unha historia interactuada con Montse Piñón e Pepablo Patinho que propón unha pregunta: que pasaría se Pandora non abrira a caixa? De aquí parte un repaso divertido de mulleres que decidiron romper ca norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade, e rematamos cunha nova pregunta, quereremos nós abrir a nosa propia caixa?9/08/2022Xarope Tulú. “Roupa tendida” (+4 anos)Un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos da man de Atenea García para achegar dous mundos: a literatura de tradición oral e a literatura contemporánea combinando ambos repertorios e procurando que dialoguen entre si.  As maiores da casa contan que cando eran cativas, ao caer da noite, a xente sentaba arredor do lume para contar historias. Para as pequenas, aquel era o mellor momento do día.16/08/2022Marta Ortiz. “Coser e cantar” (+4 anos)Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, copas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas.23/08/2022A xanela do Maxín. “Lúa quere viaxar...a Marte!” (+3 anos)Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora quere ir a Marte! Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo. Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer. 30/08/2022Xogos Miudiño. “Terra” (+1 ano)Espazo de xogo con material natural non estruturado. Terra é un paso máis na nosa concepción do xogo. Ficamos abraiados polas múltiples posibilidades do material natural non estruturado (pólas, liscos de madeira, pedras, cana…) e todo o beneficio que o seu emprego supón para as creativas cabeciñas da nosa cativada.Bea Campos. “Orella pendella” (+ 1 ano)Obradoiro no que aprender contos, ditos e cancións recollidos na web do proxecto do mesmo nome e acompañadas por música en directo

Máis eventos de tipo Espectáculo

A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Brincadeiras da lingua
14 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés