Evento: Roberto Alagna

Roberto Alagna
mércores, 7 decembro, 2022 - 20:00
Teatro Colón,
A Coruña

Roberto Alagna

Espectáculo de ópera.

Roberto Alagna é sen dúbida una das grandes estrella da ópera do noso tempo, a súa dilatada carreira e a enorme cantidade de gravacións, tanto discográficas como fílmicas, fan de cada un dos seus concerto e presentacións un auténtico evento de masas. A Coruña terá o privilexio de contar con el para unha gala lírica no teatro Colón da nosa cidade, o director para esta especial ocasión será unha das batutas máis talentosas do panorama nacional, especialista en repertorio vocal e cunha imparable proxección internacional: José Miguel Pérez Sierra. O concerto, que será ademais a única presentación do tenor en territorio Español en toda a tempada 2022, terá como acompañante á Sinfónica de Galicia, orquestra que segue demostrando ano tras ano o altísimo nivel dos seus integrantes e o seu compromiso co desenvolvemento da ópera e a música na rexión. É lóxico supoñer a enorme repercusión que este espectáculo terá a nivel nacional e internacional, consolidando -aínda máis- o prestixio do festival de ópera e da vida cultural da Coruña como referente de calidade e bo facer, e envorcando as miradas dos amantes da ópera e a música de todo o mundo sobre a nosa cidade e este importante evento.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Circonove
30 de decembro
Casa da Cultura. CIGANÍ, con Antón Coucheiro
Circonove
31 de decembro
Casa da Cultura. Circanelo, con Alfredo Pérez Muiño