Evento: Chacona. A canción de Santiago

Chacona. A canción de Santiago
venres, 8 xullo, 2022 a domingo, 30 outubro, 2022
Praza de Praterías,
Santiago de Compostela

Chacona. A canción de Santiago

Este ano Xacobeo 2022, o Museo das Peregrinacións e de Santiago ten a honra de presentar unha exposición reveladora: Chacona. A Canción de Santiago. Mostra que presenta a relación desta forma musical coa cida...

Este ano Xacobeo 2022, o Museo das Peregrinacións e de Santiago ten a honra de presentar unha exposición reveladora: Chacona. A Canción de Santiago. Mostra que presenta a relación desta forma musical coa cidade de Compostela, a catedral e o Camiño. O achado que se amosa, por vez primeira nesta exposición, supón a maior descuberta patrimonial no ámbito xacobeo dos últimos 100 anos.Chacona. A canción de Santiago, proxecto comisariado por Fernando Reyes, é unha exposición de gran relevancia e innovadora pola descuberta histórica que presenta. A través dun discurso expositivo que segue unha liña narrativa desde a orixe da chacona en Compostela e a súa evolución ao longo dos séculos, o visitante poderá gozar dunha gran selección de obras. Contido formado por máis dun cento de pezas, entre as que figuran obras artísticas orixinais, gravados, fondos documentais, reproducións, instrumentos musicais, libros de música ou partituras, e, fundamentalmente, a música, que nos acompañará durante todo o percorrido. Cóntase coa colaboración, entre outros, da Colección Abelló, o Museo de Historia de Madrid, o Museo da Catedral de Santiago, o Museo do Pobo Galego, o Museo da Casa da Troia ou a colección Fernando Reyes.A chacona é un elemento cultural que entrou ata a medula en millóns de persoas de toda clase e condición. Dende raíñas, reis até mendigos; nos teatros, nas casas, nos templos, durante máis de douscentos anos. A chacona é unha das moitas e máis grandes contribucións de Santiago e Galicia á cultura universal. Todos os compositores e compositoras entre 1600 e fins do s. XVIII compuxeron chaconas ou a integraron nas súas obras. Por moito que busquemos, non atoparemos un compositor de renome desas épocas que non compuxese unha ou varias chaconas ou a integrara nalgunha das súas obras.A presentación de Chacona. A canción de Santiago no Museo das Peregrinacións e de Santiago supón un gran fito museolóxico, coa revalorización da música patrimonial como elemento museístico e a volta desta forma musical, que tanto éxito cultivou ao longo da historia, ao seu berce, Compostela.
+ INFO

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia