Evento: Chuches Amil desenchufado
Chuches Amil desenchufado
Chuches Amil desenchufado
Concerto do artista Chuches Amil
Fran Amil fala e canta cancións dos monstros que habitan
nos dous discos de Chuches Amil: Un conto ao
revés, editado no ano 2015, e Monstros, con ou sen
consentimento, editado no ano 2018.
Música lixeira e cantareira que axita os pes e os corpos da cativada, e
sorprenden a máis dun pai e dunha nai chimpando
ritmicamente e bailando arredor da súa prole. Unha
música contaxiosa e festiva que fai desfrutar do
presente e presenta unha ledicia compartible.
Fran Amil instrumentaliza este concerto con voz e
guitarra acústica en directo. Un espectáculo novedoso e
axeitado para espazos máis pequenos.
Diversión garantizada!
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto



