Evento: Verán no Gaiás 2022: Camiños de mar, terra e vento. Paula Carballeira
Verán no Gaiás 2022: Camiños de mar, terra e vento. Paula Carballeira
mércores, 3 agosto, 2022 - 18:00
Xardín Literario- Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela Verán no Gaiás 2022: Camiños de mar, terra e vento. Paula Carballeira
Espectáculo de contacontos infantil.
Neste espectáculo para público familiar, a contadora e actriz Paula Carballeira levaranos a un percorrido acugulado de máxicas andanzas polos camiños da terra --por onde vai quen quere, lonxe e amodiño, atopando aventuras e novos amigos-- polos camiños do aire --por onde vai quen adiviñou como voar, sexa coa axuda de paxaros, alfombras, vasoiras ou voadas de aire-- e polos camiños da auga --por onde vai quen agarda atopar illas misteriosas, sereas e a música das olas--.
Ligazóns