Evento: Club de lecturas dramatizadas

Club de lecturas dramatizadas
luns, 31 marzo, 2025 a luns, 9 xuño, 2025
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Club de lecturas dramatizadas

Teatro

O “club de lecturas dramatizadas” quere achegar toda a potencialidade que gardan os textos literario-dramáticos Un libro de teatro contén non só a obra, é dicir,o texto ou historia ; no su interior tamén agocha un reflexo da sociedade que a rodea. pero aínda máis, o texto é a canle  que conecta a obra co escenario para estar realmente completa.

Neste club tamén abordaremos este segundo papel imaxinando posibles escenificacións e aprendendo como se traballan tódolos elementos da posta en escena rematando coa interpretación de distintos fragmentos para completar así todo o que contén un libro de teatro. Como dixera Federico García Lorca : "O teatro é a poesía que se levanta do libro e faise humana"

Data e hora: luns(quincenais) do 30 de marzo ao 9 de xuño de 18.00 h. a 20.00 h.

Público destinatario: adulto e xuvenil a partir de 16 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do luns 17 de marzo ás 9.00 h.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia