Evento: 25 anos de Bravú
25 anos de Bravú
A Banda Xangai é moito máis que un grupo: colle prestado o alcume do tren que durante décadas uniu Galicia e Catalunya.
De vocación extremadamente festiva, os seus directos están cheos de referencias ás músicas que levan xeracións facendo bailar os torreiros do país, un directo pensado para o goce e o baile sen fin. Comboio de baile para os novos tempos, o xangai avanza cun único combustible: a emoción dos pasaxeiros. Dez músicos provenientes de grupos como os Tres Trebóns, os Papaqueixos, os Homes Sen Medo, o Jarbanzo Negro ou os Diplomáticos de Monte Alto. Alén de tal tsunami, nas diferentes paradas adoitan subir ao tren outros artistas de longo percorrido: Manolo Rivas, García MC, Lydia Bolboreta, As Garotas da Ribeira...
Músicas diversas, patrimonio de tanta viaxe: da muiñeira á rumba e ao merengue. Punk, regueifa e hip-hop. Xangai, de aquí e de alá, tren marabilla que, tras dun ano de ruta, está se constituír como a gran orquestra de baile dos novos tempos.
Máis eventos de tipo Concerto



