Evento: Mon Laferte
Mon Laferte
Mon Laferte
Concerto de canción latina.
Mon Laferte converteuse nun dos fenómenos da canción latina. A cantante e compositora de procedencia chilena e corazón mexicano combina pop, rock e canción lixeira, adaptándoa aos novos tempos. O seu bo facer gañoulle o favor dun público que eleva a sete millóns o número de seguidores nas súas redes sociais e a tres millóns os seus oíntes mensuais en Spotify.
A súa última produción discográfica, La Trenza, propón un abanico de sons que vai desde o bolero ao pop, pasando pola balada, o ska e o valse peruano, e conta coa participación de invitados da talla de Enrique Bunbury, Manuel García e Juanes.
Ligazóns