Evento: Los Duques de Monterrey
Los Duques de Monterrey
Los Duques de Monterrey
Concerto de rancheiras e tex-mex.
Los Duques de Monterrey é un grupo formado por Linda Lamarr e Indy Tumbita, aos que acompañan Andrés Cunha, Charly Méndez, Paco Serén e David Rodríguez Rial.
A súa música combina rancheiras, narcocorridos e tex-mex creando unha mestura explosiva, a forza da música mexicana únese a sanguentas e violentas historias creando a banda sonora perfecta para unha hipotética nova tempada de Breaking Bad, corridos que ben poderían amenizar noites eternas de festa en Vigo a base de mezcal, bagazo e narcóticos.
As letras fálannos de morte, traizón, arranxos de contas, traficantes, amores, pistolas, drogas, familias, relatos dunha ría galega de Arousa hermanada co estado de Sinaloa (México).
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto



