Evento: De algo hai que morrer

De algo hai que morrer
sábado, 1 outubro, 2022 - 19:30
Auditorio Centro Sociocultural,
Negreira

De algo hai que morrer

Espectáculo de teatro.

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jekyll e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cento por cento da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.

Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal.

A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado?

A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?

Os sinais. Chega a morte sen avisar ou existen pistas que a anuncian?

Maneiras de morrer. Morremos sempre de súpeto?

O suicidio creativo. Goza do teu último momento.

O asasinato. Son os genocidas heroes ecolóxicos incomprendidos?

As guerras. Por que están tan mal vistas?

A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras.

O enterro (ou como desfacerse do cadáver).

A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos.

O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?

Máis eventos de tipo Espectáculo

A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Brincadeiras da lingua
14 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés