Evento: Escuela de odio + Txuvasco

Escuela de odio + Txuvasco
sábado, 18 xuño, 2022 - 21:00
Pub Transylvania,
Vigo

Escuela de odio + Txuvasco

Concerto de hardcore punk

Escola de Odio é un grupo de hardcore punk con algunhas cancións en castelán e outras en idioma asturiano. Orixinarios de Asturias, comezan a súa andaina polo panorama musical no ano 1993.

A banda viguesa Txuvasco deixa claro no seu nome que tipo de música é o seu e sobre todo a súa actitude ante a vida. Tras un pequeno parón volven agora a retomar o traballo con máis ganas que nunca.

Transylvania é un pub situado no centro de Vigo, moi preto da estación de proximidade e da Rúa Colón. É un local de concertos  central no xénero metal, considerado como o máis importante da cidade especializado neste sector.