Evento: Sonrisas para Ucrania

Sonrisas para Ucrania
domingo, 5 xuño, 2022 - 19:30
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Sonrisas para Ucrania

Festival de música e humor.

A guerra de Ucraína provocou a maior crise de refuxiados en Europa desde a II Guerra Mundial. Máis de 12 millóns de persoas, a maioría mulleres e nenos, abandonaron os seus fogares, das que uns 5 millóns fuxiron aos países veciños, incluíndo España.

Humoristas e músicos uníronse de forma totalmente desinteresada para ofrecernos os seus mellores monólogos, melodías e cancións co obxectivo de que UNICEF poida continuar dando resposta ás enormes e crecentes necesidades dos nenos e as súas familias en Ucraína e países limítrofes, con servizos esenciais como atención á saúde, educación, protección e acceso a auga e saneamento.

Beatriz Serén será a encargada de presentar e guiar o Festival. Ademais, poderás gozar das actuacións de Sergio Pazos; Arantxa Treus; Carlos Veleiro; Juanjo Cura; Gossip Bufón. Os asistentes tamén gozarán da arte de artistas ucraínas como a pianista Marta Bachek; a mezasoprano Mariam Nasaridze ? Mezasoprano e a violonchelista Iryna Morozova.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos