Evento: Rosalía Gómez

Rosalía Gómez
xoves, 12 maio, 2022 - 20:00
Convento de Santa Clara,
Pontevedra

Rosalía Gómez

Concerto de música clásica.

A pianista Rosalía Gómez chega en concerto  ao Convento de Santa Clara de Pontevedra. A artista conta cun repertorio de obras e artistas moi amplo entre os que se atopan autores clásicos como Beethoven, Debussy, Schubert, Schumann, Chopin e moitos máis.

Empezou a estudar piano aos 5 anos de idade e ampliou os seus coñecementos no Conservatorio Profesional de Santiago, onde rematou os seus estudos profesionais en 2011 con Premio Extraordinario. Ese mesmo ano trasladouse a Holanda para realizar estudos superiores no Conservatorio de Utrecht  co profesor estadounidense Alan Weiss.

En 2013 obtivo o Primeiro Premio no concurso Young Pianist Foundation interpretando o Concerto para piano n.º 2 de Chopin. Ademais do ?Laureates Award? e as Mellores Interpretacións de Sonata Clásica, Schumann e Música Moderna. Deu o seu recital de presentación no Concertgebouw de Ámsterdam.

En 2015, o xornal El Correo Gallego outorgoulle o título de «Galega do Ano» pola súa destacada traxectoria.

  • Beethoven: Piano Concerto No. 5 in E‑flat Major "Emperor", Rosalía Gómez Lasheras

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Santalices. O legado
26 de abril
Auditorio Reveriano Soutullo
Pole
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5