Evento: Marc Seguí

Marc Seguí
sábado, 7 maio, 2022 - 21:30
Rúa de Concepción Arenal, 5,
Santiago de Compostela

Marc Seguí

Marc Seguí é un artista mallorquino que se caracteriza por letras sinxelas, tons melódicos, retrousos pegadizos e unha voz anxelical. Grazas a iso, o artista da a coñecer o seu particular imaxinario sentimental...

Marc Seguí é un artista mallorquino que se caracteriza por letras sinxelas, tons melódicos, retrousos pegadizos e unha voz anxelical. Grazas a iso, o artista da a coñecer o seu particular imaxinario sentimental. Baixo unha estética colorista e vacilona, tras pouco máis dun ano sacando singles, en 2021 sacaba o seu primeiro traballo de estudo, “Thermo  Mix“, un EP composto por 5 temas. Un dos seus temas, “Tiroteo“, contou coa colaboración internacional de Rauw Alejandro…  hit que lle fixo soar no medio planeta, ata conseguir 5 discos de platino en apenas medio ano co que contribuíu a ser un dos 500 artistas máis escoitados do mundo. Marc é considerado como un dos principais embaixadores do Novo Pop ou do que hoxe en día se considera a Nova Onda, unha fusión do pop, o  indie, incluso unha reinterpretación da música urbana. Ninguén como el sabe transmitir a súa boa onda a través do seu particular flow, cargado de descaro, frescura e xenialidade.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións