Evento: Fábrica de Espejos + Xackal
Fábrica de Espejos + Xackal
Fábrica de Espellos é unha formación de synth pop altamente emocional con cadencia shoegaze que nace en Chantada (Lugo) en 2017. A formación inicial para os dous primeiros concertos, Kittin Party Pincelo e FiCh 2017, foi a composta por José Ángel Yeyes (bases electrónicas), Humberto Novoa (guitarra) e Isaac Ferreiro (voz e guitarra).
No seu son percíbese unha clara influencia da new wave 80´s, de grupos como New Order, pero tamén certa cadencia do synth pop escuro. Na primavera de 2018 chega a súa primeira entrega, o EP Esferas (Autoproducido, 2018), gravado con Arturo Vaqueiro.
Fábrica de Espellos desenvolven un son propio que bebe de fontes reconocibles, tanto do noise e o shoegaze, como do pop emocional e ás veces do dream pop. Grupos como Slowdive, Os Planetas, A Boa Vida ou Linda Guilala poden vir á mente en moitos momentos. No seu son percíbese unha clara influencia da new wave 80´s, de grupos como New Order, pero tamén certa cadencia do synth pop escuro.
Máis eventos de tipo Concerto



