Evento: Andrés Balado

Andrés Balado
venres, 13 maio, 2022 - 21:00
Teatro Jofre,
Ferrol

Andrés Balado

Concerto do concursante da Voz.

Tras dous anos desde o seu paso pola Voz, na que namorou a media España coa súa voz rachada, e onde foi bautizado como o "Bruce Springsteen galego", Andrés Balado arrinca a xira de presentación do seu primeiro EP, ?Entrelazados', cunha xira de concertos que o levará polas principais cidades de España, acompañado dunha banda de 8 músicos, que poñerán en escena un directo demoledor, ao máis puro estilo deses clásicos dos que bebe este traballo.

Nun mercado musical onde reina a superficialidade, o consumo rápido e os produtos efémeros, Andrés Balado perfílase como unha das revelacións musicais do ano, e ábrenos unha xanela a un tempo no que a música, como a choiva na súa Galicia natal, era arte.

  • Andrés Balado - Entrelazados

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril
Auditorio Municipal de Goián
Plural Ensemble · Nieve sobre nieve
13 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Los auténticos decadentes
14 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5