Evento: Laxeiro Inédito I
Laxeiro Inédito I
Laxeiro Inédito I
Exposición do artista lalinense.
Composta por debuxos e pinturas procedentes de coleccións particulares, a mostra permite revisar esa primeira etapa da traxectoria do artista. Particularmente nas escenas de entroidos, Laxeiro combina a tradición rural galega cunha mirada entre crítica e irónica que tende a ofrecer unha estampa máis ben esperpéntica do ser humano.
Ademais, «Laxeiro Inédito I» permite deterse noutros motivos ben queridos polo pintor. Estes son os derivados do mundo da infancia e, sobre todo, os que se relacionan co románico popular. Será desta corrente da que tome moitos elementos para ir construíndo unha linguaxe propia que, durante aqueles anos, foi coñecido como estética granítica.
Ligazóns