Evento: Daniel Casares Trío
Daniel Casares Trío
Daniel Casares Trío está composto polo propio Daniel Casares, Álex Salgueiro (órgano) e Chus Pazos (batería). Ao principio era Daniel Casares en solitario. Estudou en Boston e chegou a ser unha figura recoñecida no panorama do jazz bostoniano, tocando con grandes músicos como Dave Santoro, Darren Barrett ou Jenny Werner. Á súa volta a Galicia en 2016 actuou en diferentes locais, forxando tamén o seu nome na escena do jazz galego. Máis tarde xurdiu a posibilidade de conformar o grupo que é agora Daniel Casares Trío.
Tocan tanto temas propios como composicións de artistas como Thelonious Monk, Charlie Parker e standard de jazz. O estilo de Daniel Casares é poderoso e imaxinativo, arraigado na tradición do jazz dos anos 50 e 60, aínda que incorporando influencias de rock e sons modernos. Ademais, nos seus directos son moitas as ocasións nas que Álex Salgueiro e Chus Pazos interactúan co solista, creando melodías improvisadas memorables.
Máis eventos de tipo Concerto



