Evento: Castelvines e Monteses. Os amantes de Verona según Lope de Vega
Castelvines e Monteses. Os amantes de Verona según Lope de Vega
Castelvines e Monteses é unha festa do teatro. É pór o verso de Lope, a historia de Bandello , o xogo da versión de Rojas Zorrilla, o voo de Shakespeare e a acidez de Quevedo ao servizo dun espectáculo cheo de humor, xogo, música, maxia, clown e baile.
Lope de Vega e William Shakespeare partiron das mesmas fontes e escribiron Castelvines e Monteses e Romeo e Xulieta na mesma época, finais do século XVI. A diferenza de Shakespeare, Lope escribe unha comedia coa historia dos amantes de Verona.
13 actrices e actores que abrazan os versos de Lope de Vega, e namóranse e namoran ao espectador co seu talento actoral, o seu dominio do corpo, do canto e dos instrumentos cos que ambientan en tempo real os devires de Julia e Roselo, Celia e Marín, Dorotea e Anselmo. Unha escenografía a primeira vista sinxela pero camaleónica e, sobre todo, que enche de maxia que funciona como unha caixa de sorpresas constantes.
Un espectáculo case de circo, para toda a familia, que nos reconcilia co teatro do século de ouro.
 
  


