Evento: Utópicas. Arte e Territorio

Utópicas. Arte e Territorio
mércores, 23 marzo, 2022 - 20:00
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Utópicas. Arte e Territorio

Proxecto experimental que reivindica a importancia da cultura.

Utópicas. Arte e Territorio é un proxecto experimental que reivindica a importancia da cultura como medio para fomentar vínculos comunitarios e crear espazos de diálogo emancipadores. Deseñado por 7H Cooperativa Cultural, o proxecto sitúa á cidadanía de Compostela no centro da produción artística e comisarial, disolvendo o concepto da autoría individual e redescubrindo a institución cultural como espazo propio desde o que transformar a cidade.

Arte e territorio

Utópicas propón explorar os campos de traballo artístico situados arredor do concepto de territorio como espazo material e simbólico. A través das diferentes disciplinas da arte contemporánea, o proxecto busca desenvolver de xeito comunitario cinco accións culturais que, explorando as subxectividades que agroman no noso contexto e no seu polisémico significado, reafirmen as identidades existentes e sementen oportunidades de que xordan outras novas.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
XVI Premio Atlante de Gravado
13 de setembro a 13 de novembro
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
LecturArte
16 de setembro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións