Evento: Mercedes Peón- Xira Ingrávida

Mercedes Peón- Xira Ingrávida
sábado, 23 setembro, 2023 - 22:30
Carballeira de Santa Mínia,
Brión

Mercedes Peón- Xira Ingrávida

Percorrido polos cinco discos da artista galega.

Despois de 20 anos da estrea do seu primeiro disco, Isué, Mercedes Peón ofrece esta xira percorrendo temas dos seus cinco discos editados en solitario, chea das influencias das recollidas de campo que fixo durante 25 anos polas aldeas, dos traballos cinematográficos ou para danza. Este concerto está acompañado polos grupos de pandereteiras Raigañas, Xirifeiras, por voces de ConcertoTempo, polo dúo Caamaño& Ameixeiras, Mónica de Nut e Ana Fernández. Dacabalo entre o acústico e a electrónica, Xira Ingrávida é unha festa de celebración desta efeméride e unha homenaxe á persistencia da creación colectiva, que é unha maneira de mirar o mundo.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Iseo & Dodosound
10 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5