Evento: Sin datos non hai paraíso

Sin datos non hai paraíso
sábado, 29 abril, 2023 - 17:00
Teatro Colón,
A Coruña

Sin datos non hai paraíso

Espectáculo de humor.

Catro estrella da comedia en redes sociais xúntanse para presentar en exclusiva mundial o seu primeiro espectáculo de comedia en vivo. O Cellas, Car de Lorenzo, Xurxo Carreño e Animalize21 xuntan entre os catro máis de 19 millóns de seguidores. Se todos os seus followers decidisen vir ver o show, a cola chegaría ata Sebastopol, así que non o deixes para o último día. Cada un deles, por separado, son referentes en Instagram, en Youtube ou en Tiktok e agora temos a ocasión de ver aos catro en vivo sobre un escenario.

Sen datos non hai paraíso the laif expiriens é un show teatral con forma de programa de televisión no que se mesturan as linguaxes de Youtube, Instagram e Tiktok. O Cellas ten, por primeira vez, a súa propio Latexa Night, o seu propio show, e alí visitarano unha impredicible fauna de invitados que tratarán de sorprendelo con sketches, monólogos, vídeos, dobraxes e cancións. Todo en vivo, todo en directo e todo no Teatro Colón da Coruña, dentro do EMHU.

Trátase dunha festa na que Car de Lorenzo, O Cellas, Xurxo Carreño e Animalize21 son os anfitrións, unha festa para atoparse con todos os seus seguidores. Un encontro no que pode pasar calquera cousa porque unha festa de verdade ha de ser como o Quixote, que todo o mundo sabe como empeza, pero ninguén como acaba.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés