Evento: Izal

Izal
sábado, 14 maio, 2022 - 21:00
Coliseum,
A Coruña

Izal

Concerto presentación do seu novo disco Hogar.

Hogar (Hook Edicións Musicais, 2021), un álbum de dez historias cotiás contadas a través da fotografía, o relato, o vídeo e a canción. Producido por IZAL, Brett Shaw (Foals, Florence and The Machine, Lady Gaga, etc.) e Sancho Gómez-Escolar, quen dedicou os últimos meses do 2020 a construír dez novos fogares musicais dacabalo entre as paisaxes da serra Tramontana en Mallorca, o frenesí do asfalto madrileño e a tenaz choiva londiniense.

A banda formada por Mikel Izal, Alejandro Jordá, Alberto Pérez, Iván Mella e Emanuel Pérez Gato presentará en directo o seu novo disco Hogar durante 2022. A xira terminará un ano despois do lanzamento do álbum: a última cita será no WiZink Center de Madrid o 29 de outubro 2022. Durante os próximos meses iranse engadindo datas da xira Hogar de 2022 que levará de novo o espectacular directo de IZAL por grandes recintos e festivais.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións